“Courel dos tesos cumes”- Uxío Novoneyra.

uxio 2

Como hoxe é o día mundial da poesía e o taller ten organizada unha viaxe ao Courel pareceume axeitado poñer no blog este poema que sempre me gustou.

Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930- Compostela 1999) é o poeta do Courel, sendo esta terra o principal referente para os seus versos. Xunto con Manuel María (poeta da Terra Chá) ofrecen unha anovadora visión da paisaxe dentro da Literatura Galega.

No ano 2010 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Este é o primeiro poema do seu libro Os Eidos editado en 1955, que pasou a ser unha obra de referencia na poesía galega pola súa visión renovadora.

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

HEIN d’ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro
deitarme na Campa da Lucenza nun claro.
Hein d’ir á Devesa da Rogueira i a Donís
ó Rebolo á Pinza i ó Chao dos Carrís.
Hein d’ir a Lousada i a Pacios do Señor
a Santalla a Veiga de Forcas i a Fonlor.
Hein d’ir ó Cebreiro pasar por Liñares
rubir ó Iribio a Cervantes i a Ancares
Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío
baixar i andar pola aurela do río.
Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i entón
debrocar pra baixo cara Oéncia e León.
Hein d’ir a Vales i a Pena da Airexa
i a un eido solo onde ninguén me vexa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s