“A campana de Anllóns”-Eduardo Pondal

pondal eduardoO pasado 8 de marzo fixeron unha ofrenda floral no cimeterio de San Amaro a Eduardo Pondal co gallo do centenario do seu pasamento. Sempre me emociona a letra do noso himno galego, Queixumes dos pinos, escrita por él, o Bardo de Ponteceso, gran representante do Rexurdimento galego, pero tamén góstame moito este poema “A campana de Anllóns” que presentou nos primeiros Xogos Florales de Galicia porque en él pódese perciber a melancolía e o sentimento do tempo pasado.

                                                           A CAMPANA DE ANLLÓNS

E ti, campana de Anllóns,

que vagamente tocando

derramas nos corazóns

un bálsamo triste e brando,

de pasadas ilusións.

Alá nos pasados ventos

primeiros da miña vida,

oio os teus vagos concertos,

reló dos tristes momentos

da miña patria querida.

¡Cantas veces te lembrou

o que marchou para a guerra,

cando á súa nai deixou,

e partindo a extraña terra

de Baneira de escoitou!

¡Cantas do mar africano,

cautivo bergantiñán,

oio nun soño tirano

o teu tocar soberano,

aló nas tardes do vran!

Cando te sinto tocar,

campana de Anllóns doente,

nunha noite de luar…

rompo triste a suspirar,

por cousas dun mal ausente.

Cando doída tocabas

polas tardes á oración,

campana, sempre falabas

palabras con que cortabas

as cordas do corazón.

Estabas contando ós ventos

cousas do meu mal presente,

os meus futuros tormentos,

que dabas cos sentimentos

según tocabas doente.

Campana, se polo vran

ves lumiar na Ponte-Ceso

a cachela de San Xoán,

dille a todos que estou preso

nos calabozos de Orán.

E a aquela rula inocente

que me morría de amor

no regazo docemente,

tremendo como unha flor

sobre a escondida corrente;

diraslle que unha de ferro

arrastro, rouca cadea,

castigo atroz do meu erro;

e que dentro deste encerro

o seu amor me alumea.

Ei ti, golondrina errante

dos longos campos de Arxel,

se á miña terra distante

te leva o voxo constante

dille o meu penar cruel.

Se alguén por min preguntar,

dille que estou en prisións;

e unha noite de luar

iraste unha vez pousar

no campanario de Anllóns”.

Así, triste en terra allea,

aló nas prisións de Orán,

cantaba un mozo de aldea;

e nos grillóns da cadea

levaba o compás coa man.

“Oh, nai da miña vida,

adios, adios, meu pai;

prenda de min querida,

adiós, oh, miña nai:

sombras dos meus avós,

río da Ponte-Ceso,

pinal de Tella espeso…,

acordávos dun preso

como el o fai

de vós:

campana de Anllóns,

noites de luar,

lúa que te pos

detrás do pinar;

adios…

adios…

adioooos…’

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s