“Televisión”-Manolo Rivas

 

muller_traballadora

No día da Muller Traballadora

Cantos fíos diferentes entrecrúzanse neste poema de Manolo Rivas:  o Empire State Building,,  o grupo de rock The Cult con Billy Guffy, ou o propio autor no seu entorno familiar. Pero como moi ben di o poeta a ollada mais tenra é, sen dubida, a da súa nai cando cansada de traballar di: “ pobre da que teña que fregar todo iso”.

A falta do poema, cantado ou recitado, lévame a poñer a canción citada, Wild hearted son!.

manolo-rivas

A esa hora chegaba a miña vella,
xusto cando Billy Guffy, o baixo de The Cult,
daba aqueles pasos de comanche.
Wild hearted son!
¡Ah, fillo do corazón salvaxe!
A miña nai,
boqueando despois de fregar as oficinas do Fénix Español,
puña as zapatillas,
sentaba no sofá,
suspiraba fondamente
e cambiaba á primeira cadea.
Anda, pasmón, sae algo á rúa e espabila.
E entón apareceu na pantalla o Empire State
e a miña vella exclamou con tenrura:
¡Pobre da que teña que fregar todo iso!

 

Advertisements

One comment on ““Televisión”-Manolo Rivas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s