“Un repoludo gaiteiro”. Rosalía de Castro

Con este fermoso poema que pertence o libro “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, querolle render homenaxe, co gallo do 180 aniversario do seu nacemento, a escritora máis insigne que temos os galegos. Elexín a interpretación cantada en galego por Amancio Prada e subtitulada no idioma Portugués. Permitídeme que tamén lle dedique este poema o meu amigo, Pepe Santamarina, veterano da gaita e da zanfoña  grande admirador e coñecedor da obra de Rosalía.

rosalia

Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro
e nas ciudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío;
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba;
e si na gaita sopraba,
era tan dose soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían;
si o tiñan cerca, sorrían;
si o tiñan lonxe, choraban.
¡Mal pecado! Non coidaban
que c’aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Camiño da romería,
debaixo dunha figueira,
¡cánta meniña solteira
“Quérote”, lle repetía…!
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban
e por xunta del corrían
cegas… cegas que non vían
as espiñas que as cercaban;
probes palomas, buscaban
a luz que as iba queimar,
pois que el soupera cantar
aló pola mañanciña:
-Ò son da miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.

Nas festas ¡cánto contento!
¡Canta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas,
déranlle o seu pensamento.
I el que, de amores sedento,
quixo a todas engañar,
cando as veu dimpóis chorar,
cantaba nas mañanciñas:
-Non sean elas toliñas:
non veñan ó meu tocar.

 

 

Advertisements

One comment on ““Un repoludo gaiteiro”. Rosalía de Castro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s