“Negro caravel”-Rosalía de Castro.

O 24 de Febreiro conmemórase en Galicia o “Día de Rosalía“( 180 aniversario do seu nacemento). Para celebralo neste blog, elixín esta poesía do seu libro “Cantares Gallegos” (1863). Rosalía de Castro  expresa de forma maxistral as paixóns humanas, neste caso é a muller a que traizoa ao home.

Está interpretada polo dúo Soas formado por Cristina Pato e Rosa Cedrón.

 

rosalia

“Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor
que para min eras lúa,
braca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardin de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón.”
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
Dempóis que me dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me firéu de dolor!
Mais, a pasar polo río,
¡o caravel afondóu…!
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s