“A Xustiza pola man”-Rosalía de Castro

Rosalía de Castro foi, no seu tempo, incómoda para o poder e unha autentica transgresora   .

A Xustiza pola man” pertence ao poemario “Follas Novas”, esta incluído no Libro II dentro do apartado titulado “Do Intimo”.

No poema a muller é anónima e fala en primeira persoa. Non sabemos cal foi o aldraxe ao que foi sometida, polos que teñen fama de honrados, pero si das consecuencias: a súa deshonra, perde os fillos, e convertese nunha muller sen teito.

Rosalia sigue sendo nestes días incómoda e transgresora

rosalia

Aqués que ten fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos…, ¡meus anxos!…, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvádeme, ouh, xueces!- berrei… Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berrei, berrei inda…
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño… ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces…, estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

follas-novas

 

Advertisements

2 comments on ““A Xustiza pola man”-Rosalía de Castro

  1. “Incómoda para o poder, sometida polos que teñen fama de honrados” . Como sempre, as cousas melloran mentras se morre lentamente. 🙂🙃

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s