“Na lingua que eu falo” – Naila Shami canta a Rosalía de Castro

Chamoume moito a atención que unha rapaza cun nome tan estrano cantara a Rosalía. Investigando descubrín que nela conflúen tres culturas diferentes a palestina, galega e arxentina, pois é filla de pai palestino e nai galega, de feito a súa vida discurre entre Kuwait e Galicia . Najla Shami estudou música en distintos países e por iso podemos escoitar sons de África e Brasil nas súas cancións .

“NA LINGUA QUE EU FALO”

Canta meniña
na beira da fonte
canta dareiche
boliños do pote
Canta meniña
con brando compás
dareiche unha proia
da pedra do lar
Que feira rapaza
si cantas faremosnajla_shami1
festiña por fora
festiña por dentro
Co son da gaitiña
co son do tambor
che pido que cantes
meniña
meniña por dios
Que si mo pediron
que si mo mandaron
que cante que cante
na lingua que eu falo
que si mo pediron
na beira do mar
ó pe das ondiñas
que veñen e van (ter)

Ooooooooo

Na lingua que eu falo

Advertisements

3 comments on ““Na lingua que eu falo” – Naila Shami canta a Rosalía de Castro

  1. Comentarios de una noticia aparecida en “La Voz de Galicia” el 19 de agosto de 2013. Para a cantautora, hai dúas circunstancias decisivas ao musicar a Rosalía. Dunha banda, «hai que facelo dun xeito humilde porque ela é moi grande». Doutra banda, «conseguir que os versos e a música fosen un todo orgánico, un continuo».

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s