“María Pita”- Lorenzo Varela.

Xesús Lorenzo Varela (La Habana 1916- Madrid 1978) foi xornalista, crítico de arte, tradutor e poeta. Fillo de emigrantes galegos, retorna da Arxentina, coa súa familia, estudando o Bacharelato en Lugo nos primeiros anos 30, no 1934 marcha a Madrid a estudar Filosofía e Letras. Esta etapa interrómpese coa Guerra Civil onde ten unha participación activa na causa republicana. Exiliouse primeiro en México e logo en Arxentina (1941) onde se relaciona con Luis Seoane, Díaz Pardo, Rafael Dieste …, acadando un recoñecemento moi grande en Bos Aires, cousa que nunca tivo aquí. En 1976 regresa a España escapando da ditadura arxentina, morrendo no 1978  esquecido en Madrid.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2005.

Este poema é un dos “catro poemas galegos para catro gravados” (1944) destinado para o álbum de Luis Seoane “María Pita e tres retratos medievais”. Gústame esta poesía pois está dedicada non so a María Pita senón a todas as mulleres loitadoras galegas.

Sargadelos ten unha figura de “María das Batallas” con esta poesía.

lorenzo-varela

 

I

María das batallas,
levareiche unha frol por cada bala;

maria-pita
Gravado de Luis Seoane

i unha cunca de leite
arrebuxada en neve
pra che curar a sede.
¡Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!

II

María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
i unha estreliña nova
no berce d’unha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.

maria-das-batallas
figura de Sargadelos.

III

Muller da soberana libertade,
os artilleiros danche alferezía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
de monte a monte e mais de ría a ría:
O bronce meu, teu bronce foi María.

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s