“Poema perdido nunha botella”- María Lado.

María Lado (Cee 1979) é unha escritora e actriz galega que formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. Escribiu este poema, que me gusta moito, no 2009 para lanzar ao mar metido nunha botella.

Forma un dúo artístico con Lucía Aldao, chamado Aldeolado, conxugando música e verso.

maria-lado

 

para o océano
ti eras só un neno de fanequeiras vermellas que a area enterraba,
un brazo fortemente prendido da miña saia morada

teño medo dos bichos, mami, dos bichiños do mar
e con forza de xigante collíaste da tea.

só así deixabas que o mar che lambese, sen avanzar, as pernas,
cravados ti e eu fronte a liña pola que a tarde escapaba.
mollándose o rodo da saia coas puntas do mar

ti
… acordaste diso? eras só un neno

ao abrigo do monte de mallou
os dous éramos pequeniños, coma as caramuxas, no areal deitado
un dedo de brisa percorrendo as nosas costas
peiteando as herbas de namorar no lombo da praia

e esas outras prantas, mami, esas que son como rabiños de coello
son, si. son.
e cando se moven así é porque os coellos están contentos
están

lémbralo? eu escribira fronte ao mar

estás aquí neste poema, ves?
e mamá tamén
e o mar
e os bichiños do mar?
tamén, e os rabiños de coello

todos aquí, dentro deste poema, nesta botella, aquí metidos,

construíndo un recordo deste día

bótala ao mar, meu amor?

pero calabas, agarrado á saia que a brisa preñaba.
e a onde iremos?
a onde o mar nos leve
e habemos de volver?
pois, non sabemos
e ti estarás comigo?

ata o último verso

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s