“Derrotas domésticas”- Marilar Aleixandre

O 14 de xaneiro deste ano, 2017, ingresou na RAG Marilar Alexandre, autora do libro“Catálogo de Velenos” de onde eu collín este poema. Gustoume a súa forma de expresar como unha muller pode perderse nas tarefas do dia a dia, como isto pode deixala fora da súa propia vida, e aínda así, ela sen perder o sorriso.

marilar

Para escoitar  o poema é necesario clikar na páxina web da Asociación de Escritores en Lingua Galega no apartado video de Marilar Aleixandre recitando este poema “Derrotas domésticas”.

Derrotas domésticas

Debeu ser moi difícil
degolar as anguías
sen cortar os dedos
arrandearte para que non te cubrisen
as escamas do ollomol
liscar do nó corredío das sabas

Nas noites opacas
que batallas contra os garavanzos
medrando disformes na agua           que absurda tarefa
escoller lentellas de arroz
que impotencia
cando o leite fervido vai por fóra
inevitablemente

E se o batifundo das tixolas
non che deixaba oír a música
se o teu francés e alemán
eran inútiles contra a graxa nos fogóns
se os tubos de agua berran como nenos
ou gaivotas             e as patacas se pegan
no fondo da tarteira

Nai
¿como é que estás sorrindo nas fotos?

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s