“Negación de Ulises e Teseo”- Miro Villar

O autor deste soneto é Miro Villar,(Cee en 1965). Poeta con unha obra extensa e amplamente premiada que pertenceu o “Batallón da Costa da Morte.

Do poema atráeme a humanidade do personaxe que prefire retornar, aínda que sexa vencido, sempre que teña un lugar e un alguén que o identifique.

 

 Se algunha vez tiveses que agardar entre fíohydria-atica-de-figuras-negras-del-s-vi-a-c-atribuida-al-pintor-de-leagros-teseo-y-el-minotauro-museos-vaticanos
e tecidos, non sexas Penélope que tece
e destece os bordados axiña que anoitece.
Ulises non existe, foi verso fuxidío.

Se algunha vez tiveses que agardar entre fío
e tecidos, non sexas Ariadna que ofrece
saír do labirinto mortal a quen a esquece.
Teseo non existe, só queda o desafío.

Se algunha vez eu debo partir como Odiseo
prefiro voltar sempre vencido a Compostela.
Non me importa a derrota se ti me identificas.

Se algunha vez eu debo marchar como Teseo
non ha ser Artemisa fluxo do meu Sarela.
Non me importa ser lama se ti me purificas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s