“O falar das fadas”. Valentín Lamas Carvajal

lamas

Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1849-1906) poeta, escritor e xornalista, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1972. Foi membro fundador da Real Academia Galega adscrito á Xeración de 1868, foi un dos personaxes máis senlleiros do Rexurdimento, destacou na narrativa co popular Catecismo do labrego e no xornalismo con O Tío Marcos da Portela, xornal que el mesmo fundou e que foi o primeiro redactado integramente en galego.

O poema “O falar das fadas” ven incluído no seu libro Saudades Gallegas, é unha maneira de defender a lingua Galega sin impoñer, simplemente animando a que se fale.

 

Fálame nesa fala melosiña
que celestiales harmonías ten;
fálame na linguaxe da terriña
si é que me queres ben.
Se desexas probar do teu cariño
as tenruras, o fogo i a pasión,
probas con me chamares “amantiño”
que me tés moito amor.
Se che eu digo que fora meu encanto
vivir sempre onda ti, xuntos morrer,
terás dito que sintes outro tanto
con exclamar: !canté!
Chámame mintireiro si enganada
do que che diga chegas a dudar;
toliño si ó falar, pola calada
che roubo un bico ou máis.
Fálame nesa fala que expresando
tristuras, fai sentir ó corazón
non sei qué morno acabamento brando,
nin qué vaga emoción.
Fálame nesa fala pracenteira
que cando goces expresarnos quer,
é máis leda que os tonos da muiñeira,
e máis doce que o mel.
Nunha sola palabra dinos tanto
este noso falar feitizador,
que unha pulla, un poema, a risa o pranto,
condensa nunha voz.
Arrólame cos ecos desa fala
que tan ben fai sorrir como chorar;
música que ós ouvidos non regala
das xentes doutro chan.
Fálame na linguaxe dos galegos
se me queres facer moito sentir;
na fala que ata en lábios de labregos
non sei qué ten para min.
Arrólame co ritmo regalado,
coa sonora infinita vibración
do falar polas fadas inventado
para meigar corazóns.
Xa de neno, esa fala melosiña,
o meu feitizo, a miña gloria foi;
fálame na linguaxe da terriña
si é que me tés amor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s