“Dime ti!”. Xiralúa

Xiralúa é Laura Rey , gañadora do primeiro premio no III Certamen de Poesía da Biblioteca Pública da Coruña  na categoría de galego coa poesía “Dime ti !

xiralua

Dime ti!
Escuma salvaxe!
cantas máis vidas collen en ti?
Non ficou a guerra ao marchar
Onde está agora o arca de Noé?
E que facer máis que rezar?

Dime ti,
Guerra cruel!
cantas vidas rematan na terra?
Impasibles deambulamos,
baixo o diluvio sen choiva.
E que facer máis que rogar?

Dime ti
Fronteira da vergoña!
Sobre as dignidades rotas,
espidos sen historia
abrígome do teu frío
E que facer máis que berrar?

Dime ti!
Fillos sen pais!
Identidades perdidas
corpos encadeados de impotencia,
calzados con pés de barro
E que facer máis que esperar?

Dime ti!
Ansiolítica sociedade!
Cando vas espertar?
Durmido o sentir,
so respirando para si.
E que facer máis que chorar?

Dime ti!
Mar revolto!
Rebelión das túas augas
seguen a bater nos penedos
non poden con máis horror,
E que facer máis que amparar

Advertisements

2 comments on ““Dime ti!”. Xiralúa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s