“Longa noite de pedra”- Celso Emilio Ferreiro.

Celso Emilio Ferreiro ( 1912-1979) é o máximo expoñente da poesía social en lingua galega. O seu libro “Longa noite de pedra” foi publicado en 1962. O poema que da nome a este libro procede da experiencia persoal vivida cando foi encarcerado no convento de Celanova no 1937.

As poesías deste libro foron un referente para os integrantes do grupo “Voces Ceibes“(1968). Elixín a versión de Xavier del Valle , pertencente a este grupo, polos recordos que me trae daqueles tempos.

celso-emiliolonga-noite-de-pedra

Longa noite de pedra.

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s