“Valse do amor”-Peza tradicional galega recollida por Radio Cos

A música tradicional galega ten unha historia enraizada no pobo, que traballou para conservala e mantela a través dos séculos por tradición escrita e oral. A día de hoxe moitos homes e mulleres, que pertencen a corais ou asociacións musicais ao longo do pais, móstrannola con ilusión e orgullo do seu. É por iso que eu traio esta peza recollida e arranxada por o grupo de Radio Cos

Un amor que xa foi meu
torna de novo a quererme,
o carbón que xa foi brasa
con pouco lume se acende.
Dentro do meu peito teño
dúas escamas dun peixe,
unha dime que te ame,
outra dime que te deixe.

Botei un limón a rolos,
na túa porta parou,
cando o limón ten amores
que fará quen o botou.
Dentro do meu peito teño…

o meu corazón é teu,
e o teu de quen será,
o meu morre polo teu
e o teu por quen morrerá.
Dentro do meu peito teño…

A lúa de Pertugal
aluma toda Galicia
que tes uns amores novos
xa me chegou a noticia.
Dentro do meu peito teño…

Advertisements

3 comments on ““Valse do amor”-Peza tradicional galega recollida por Radio Cos

  1. O outro día lín no periódico que actuaban no Rosalía e que cantaban Adiós Ríos, Adiós Fontes a ritmo de tango. Intentei buscalos en Internet pero non aparecía esta canción. Si alguén a encontra pode publicala? Estaría ben escoitar a Rosalía deste xeito Graciñas anticipadas¡

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s