Dos cantigas de amigo: I “Ondas do mar de Vigo” – V “Quantas sabedes amar amigo”, de Martín Codax.

Estas cantigas de amigo pertencen ás sete que forman parte do pergamino Vindel, cuxo autor é o trovador galego Martín Códax, que se supón vivía en Vigo, a mediados do século XIII e comezos do XIV. É con Mendiño o máximo trovador galego.
Estas cantigas forman un relato, dunha muller namorada que espera ao seu amado, un xénero de espera decepcionada, específico da poesía lírica galaico-portuguesa.
Elixinas porque este códice ten a especial característica e riqueza de haberse atopado a transcrición musical de seis delas e desta forma puido coñecerse, en 1914, cando foi achado, a música profana desa época.
Así podemos escoitar as cantigas, que eran poemas pensados para cantar, e sentir a mesma emoción que transmitían cando foron creadas.

I Ondas de mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

800px-martim_codax_cantigas_de_amigo-jpg-p-v
Pergamino Vindel

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?

 

 

 

 

V Quantas sabedes amar amigo

Quantas sabedes amar amigo
Quantas sabedes amar amigo
treides comig’ a lo mar de Vigo.
E bannar nos emos nas ondas!

Quantas sabedes d´amor amado,
treides comig’ a lo mar levado.
E bannar nos emos nas ondas!

Treides comig’ a lo mar de Vigo
e veeremos lo meu amigo.
E bannar nos emos nas ondas!

Treides comig’ a lo mar levado
e veeremo’ lo meu amado.
E bannar nos emos nas ondas!

 

 

 

Chico Buarque cantando a Canção V de Martin Codax para o balé Sem Mim do Brasil.

 

 

Advertisements

2 comments on “Dos cantigas de amigo: I “Ondas do mar de Vigo” – V “Quantas sabedes amar amigo”, de Martín Codax.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s