“María Soliña” – Celso Emilio Ferreiro

Sempre me gustou este poema que escribiu Celso Emilio Ferreiro na súa obra Longa Noite de Pedra o que no sabía era a historia que tiña detrás. María Soliña era unha viuva que vivía en Cangas e foi acusada de bruxería pola Santa Inquisición no século XVII nunha conspiración pra quedarse coas súas posesións.

MARIA SOLIÑA

Polos camiños de Cangasmariasolina-cangas-morrazo
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.

As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.

Advertisements

2 comments on ““María Soliña” – Celso Emilio Ferreiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s