“Xosé Ramón Cantaliso” – Nicolás Guillén (tradución de X. Neira Vilas)

XOSÉ RAMÓN CANTALISO

Xosé Ramón Cantaliso
canta liso, canta liso
Xosé Ramón.
Duro espiñazo insumiso;
por eso é que canta liso,
Xosé Ramón

En bares, bachas, bachatas,
a todo turista a gatas
e ós nativos tamén,
a todos, o son preciso
Xosé Ramón Cantaliso
cantalles liso, moi liso
para que o entendan ben.

Voz de cancerosa entraña
fumo de solar e caña,
que é nube moura dempóis:
son de guitarra madura,
cuia corda rouca e dura
non se enlía na cintura,
nin prende fogo nos pés.

Sabe que non hai traballo,
que o probe apodrece embaixo,
o que tras tanto loitar,
o que non perdeu refolgo,
ou leva na testa un bozo,
ou ten a auga ó pescozo
sin podelo romediar.

Por eso de festa en festa,
coa súa guitarra protesta,
que é o seu corazón tamén,
a todos o son preciso,
Xosé Ramón Cantaliso
cántalles liso, moi liso,
para que o entendan ben.

Este poema de Nicolás Guillén, traducido por Xosé Neira Vilas, forma parte de “España. Poema en cuatro angustias y una esperanza (1937).

Advertisements

One comment on ““Xosé Ramón Cantaliso” – Nicolás Guillén (tradución de X. Neira Vilas)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s