“As torres no ar”- Antón Avilés de Taramanco

 Antón Avilés de Taramanco (1935-1992)  é un poeta galego, nacido en Taramanco parroquia de Boa no concello de Noia , a quen a Academia Galega dedicoulle o día das Letras Galegas no ano 2003.

Poeta que participou de un xeito activo e constante na vida cultural da Galicia do seu tempo; deixounos este poema que a min gústame tanto, quizais porque “o galipote a quencer” ou “o martelar dos calafates” están tamén na “torre de cristal” da miña infancia, isto é os carpinteiros de ribeira na Dársena da Coruña, por onde  tanto corrín de nena.

Na outra banda do mar constrúen o navío:
o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construir a torre de cristal da miña infancia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e a enxárcia
tremole vagarosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón.

 

De As torres no ar (1988)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s