“Amemos”- Carlos Casares.

O “Día das Letras Galegas” deste ano 2017 está adicado a Carlos Casares (1941-2002), escritor que cultivou sobre todo a Narrativa con relatos, novelas, contos para nenos, ensaios; colaborou en numerosas revistas e xornais, fixo traduccións ao galego e tamén escribiu poemas.

Foi membro da Real Academia Galega, diputado autonómico no primeiro parlamento de Galicia, presidente do Consello da Cultura Galega, director da editorial Galaxia e da revista Grial.

carlos-casares_grande1

Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.

Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.

Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.

Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

Advertisements

2 comments on ““Amemos”- Carlos Casares.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s