“Castelo de area” – Olalla Cociña

Olalla Cociña Lozano naceu en 1979 en Viveiro. No 2000 obtivo o premio de poesía ‘O Facho’, outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome, e catro anos despois acadou o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá. Ten publicado As cervicais da memoria (editorial Fervenza, premio de poesía ‘Avelina Valladares’ 2004), aquí (intemperies) (colección “Poeta en Compostela” Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG, 2006) e Libro de Alicia (editorial Espiral Maior, premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2008) e estes días obtivo o premio poesía A Fundación.

olalla_cocina_aelg-2

Castelo de area

Volver xogar así
igual que aquel día de praia rotundo
non dábamos aberto os ollos de tanto sol
podíamos peneirar a quentura, mirarnos como en soños
e iso axudaba á pericia. Lembra que estábamos
construíndo algo.
Agarda, díxenche. Non levantes aínda o cubo
contén esta escolma de area
que foi acaroándose a nosoutros
certas rochas batidas innumerables veces
para que agora nos palpiten
debaixo das mans
e deixábamos dilatarse o castelo infinito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s