“María Balteira”- Darío Xohán Cabana.

Darío Xohán Cabana (RoásTerra Chá 1952) ten unha extensa obra de poesía, narrativa e traduccións, é académico da Real Academia Galega. Coñecino  en Roás cando era un neno que iba gardar as  vacas sempre co libro debaixo do brazo.

María Balteira, destinataria de numerosas cantigas trovadorescas galego-portuguesas, foi unha soldadeira que frecuentou a corte de Alfonso X o Sabio.

dario

María Balteira

María Balteira,
señora do sol,
onde van os tempos
de arelas de amor.
Onde van os tempos,
u-los días son
dos pinchacarneiros
nos prados en flor.

Señora da saia leda
e do refaixo garzón,
u-las gaitas cantadoras
de bailar arroutador.

Señora percorredora
dos camiños da nación,
ulas as harpas bringuelas
coma paxaros de amor.

Señora desvergonzada,
digna de todo louvor,
u-los reis e cabaleiros
que andaban ó teu redor.

Os camiños dos xograres
xa son camiños de dor,
e non resoa nas feiras
a túa leda canción.

Xa non se escoitan na terra
as coplas do seu louvor,
e os amenceres son tristes,
e harpas non hai no solpor.

A pedra fría te cobre
no último soño traidor,
e talvez sobre ti medra
malva de triste color.

Os teus amigos son cinza
e o teu sorrir é remol,
os teus camiños cegaron
e os teus amores son po.

Mais a túa lingua de carne
pervive na nosa voz,
e algún día escoitaremos
o cantar do reiseñor.

Paxaro que canta á noite
antes que saia lo albor
cantigas de tempo novo
pra unha Compostela en flor.

María Balteira,
señora do amor,
han chegar os tempos
do abrente do sol.

maria-balteira-02

Cantada polo grupo “A Quenlla

Advertisements

One comment on ““María Balteira”- Darío Xohán Cabana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s