“Romance da lavandeira” – Casto Sampedro (comp.)

Esta canción pertence ó romance recollido por D. Casto Sampedro e Folgar no seu  cancioneiro popular, a unha mendiga de 68 anos chamada Lucía Domínguez, que a cantaba e recitaba na  vila de Cerdedo (Pontevedra) alá polo ano 1904.

cancionero-de-galicia

Romance da lavandeira

Era unha noite de lúa
era unha noite clara,
eu pasaba polo río
de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira
que lavaba ao par da auga.
Ela lavaba no río
e unha cantiga cantaba
Moza que vés do muíño,
moza que ves pola estrada,
axúdame a retorcer
miña sábana lavada.
¡Santa María te axude
e San Lourenzo te valla!
Desparece a lavandeira
como fumeira espallada
Onde as sábanas tendera
poza de sangue deixara.
Era unha noite de lúa
era unha noite clara

 Romance da lavandeira .

Fuxan os Ventos

Noa    e   Carlos Núñez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s