“Milonga de aquí”- Sés

Mª Xosé Silvar, Sés, é unha cantautora galega. A primeira vez que  a escoitei cantar  foi por unha casualidade no Cantón da Coruña. Non a coñecía, e sorprendeume pola letra das súas cancións, pola súa gheada e pola súa mocidade. Despois souben que aínda que nada na Coruña, as súas raíces están en Bergantiños. Escoitala cantar en Carballo emociona, pon á xente en pé e cantan conxuntamente con ela.

Con aire fresco de mar
Curo feridas e loitos
Que sexan poucas ou moitos
É necesario sanar

E vendo o mundo rodar
Dando tumbos de vencido
Dou por perdido o perdido
E recollo o que quedou
E co que me queda vou
Seguindo o meu percorrido

Para seguir camiñando
Fago noite na esperanza
Apóiome nas lembranzas
E aliméntome de sons
E nútrome das cancións
Que dan cor a esta existencia
Evitando a disidencia
Dun obrigado vivir
Que me fan chorar e rir
Que me instalan na insurxencia

E quero bailar ao ritmo
Do que vive ilusionado
E coa voz do silenciado
Cantar quero con paixón
Coa querenza e coa emoción
Da que non pretende nada
Máis que seguir namorada
Mentres quede corazón

Aspiro a soñar esperta
Para facer máis levadeiro
Este treito traizoeiro
Que garda unha fin incerta
E cantar a gorxa aberta
E deseñar utopías
Para encher de luz os días
En que o sol non me sorrí
En que non te teño a ti
Para inspirarme melodías

E así seguirei rimando
No medio do bombardeo
Emulando o canso reo
Reconvertido en poeta
Que ten o fóra por meta
E ten o dentro baleiro
Un ollar sempre tristeiro
E o pensamento no ar
Onde voa o meu cantar
Onde non hai carcereiro

Invocando a redención
Neste recuncho do mundo
Faise o meu cantar profundo
Como a terra en ultramar
Coro faise o meu cantar
Ao saberme secundada
Aínda sendo abandeirada
Dos que as levan de perder
É por eles que hei morrer
Sentíndome acompañada

E na liberdade áurea
Do melódico elemento
Baila a risa co lamento
E o cego co soñador
O paria co gañador
E o rebelde co castrado
Que, co sentir mutilado,
Ignora aquilo que eu sei
Por el é que eu berrarei
Para velo liberado

 

Advertisements

2 comments on ““Milonga de aquí”- Sés

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s