“Eu cantar, cantar, canteí” – Rosalía de Castro

Eu cantar, cantar, cantéi,
a grasia non era moita,
que nunca (delo me pesa)
fun eu meniña grasiosa.
Cantéi como mal sabía
dándolle reviravoltas,
cal fan aqués que non saben
direitamente unha cousa.
Pero dempóis paseniño,
i un pouco máis alto agora,
fun botando as miñas cántigas
como quen non quer a cousa.
Eu ben quixera, é verdade,
que máis boniteiras foran.
Eu ben quixera que nelas
bailase o sol cal palomas,
as brandas augas ca luz
i os aires mainos cas rosas;
que nelas craras se visen
a espuma das verdes ondas,
do ceu as brancas estrelas,
da terra as prantas hermosas,
as niebras de cor sombriso
que aló nas montañas rolan,
os berros do triste moucho,
as campaniñas que dobran,
a primadera que ríe
i os paxariños que voan.
Canta  que te canta, mentras

os corazons tristes choran.

esto e inda mais, eu quisera
desir con lengua grasiosa;
mais donde a grasia me falta
o sentimento me sobra,
anque éste tampouco abasta
para espricar certas cousas,
que a veces por fora un canta
mentras que por dento un chora.
Non me espriquéi cal quixera
pois son de espricansa pouca;
si grasia en cantar non teño
o amor da patria me afoga.
Eu cantar, cantar, cantéi,
a grasia non era moita.
¡Mais qué faser, desdichada,
si non nacín máis grasiosa!

Rosalia de Castro naceu o 24de febreiro de 1837 no Camiño Novo (Santiago de Compostela). Nos primeiros anos viviu nas vilas rurais de Ortoño e Padrón . Trasladase a Santiago onde recibe formación musical, artística e literaria. As suas correntes ideológicas eran o socialismo e o republicanismo. Movese a Madrid onde comenza  a publicar. Cantares populares galegos e o seu primeiro libro en lingua galega, istes cantares son reivindicativos do espirito galego. Morre Rosalía na sua casa de Padrón no ano 1885 os sus restos reposan no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela).

Advertisements

2 comments on ““Eu cantar, cantar, canteí” – Rosalía de Castro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s