“Prometeo encadeado” – Celso Emilio Ferreiro

Perdéuse na cidá dos calabozos
unha mañá de inverno sin paxaros.
Na cidá das cadeas
e dos mortos en acios.

¡Ah, desta casa!
Todos calaban.

Detrás de cada fiestra un rostro escuro
de tristes ollos axexando a rúa.
Sobre as almas espidas dos vencidos
repenicaba xordamente a chuvia.

¡Ah, desta casa!
Todos calaban.

E un longo muro devolvía as voces
enguruñadas de temor i espanto.
Na cidá das cadeas
unha maña de mortos pendurados.

¡Ah, desta casa!
Todos calaban.

Viaxeiro: -Bon home ¿ónde está o camiño?
Bon Home: -Eu non sei nada…
Viaxeiro: -Vostede, garda, ¿ónde está o camiño
que leva ao aire libre,
á libertá do vento,
ás terras sin cercar,
ao mar fermoso?
Garda: -Eu non sei ise camiño, viaxeiro.
Viaxeiro: -¿E cómo pode ser? Un garda debe
coñecer os camiños…
Garda: -Señor, si coñecese os camiños
¿coida que ficaría eiquí de garda?
Bon Home: -Eu non sei nada, eu non quero saber nada.

¡Ah, desta casa!ferreiro
Todos calaban.

Celso Emilio Ferreiro foi nado en Celanova (Ourense) en 1912 e finou en Vigo en 1979. É o máximo expoñente da poesía social en lingua galega, destacando especialmente a súa obra “Longa noite de pedra”. Foille adicado o “Día das Letras Galegas” (17 de maio) do ano 1989.

Mais información: Fundación Celso Emilio Ferreiro (FUNCEF)

Neste poema, fai referencia ao mito clásico de Prometeo, o Titán que roubou o lume dos deuses para entregalo aos homes, polo que foi castigado por Zeus.

prometeo-esculpido

Advertisements

2 comments on ““Prometeo encadeado” – Celso Emilio Ferreiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s