“Intencións”. María do Cebreiro

María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, España, 1976) es una escritora y teórica de la literatura.
se licenció en Filología Hispánica por la Universidad de Santiago de Compostela, donde ejerce en la actualidad como investigadora y profesora de Teoría de la Literatura.

De esta manera se presenta así misma

  Debe de ser difícil pensarse como “un”, pero aínda é máis difícil pensarse como “unha”. As autobiografías e as autopoéticas parten do mito da unidade do ser, que é un mito teolóxico. Coa miña perplexidade habitual, hoxe pregúntome, ¿de que María lles falo?, ¿da que ri, da que chora, da que se gusta, da que non se soporta, da que fala (demasiado), da que cala (demasiado pouco)? Despois de todo, ¿quen somos nós para falar de nós?

(INTENCIÓNS)

Non levo té nas palmas pero teño unhas xemas
que poden rebentar en calquera momento.
Asisto á prehistoria das raíces
e os meus dedos ensaian a caricia só porque non te poden rabuñar.
Con auga da traída
preparo unha infusión de finísimas herbas
e o verde leva un nome proscrito de muller, de maría, de min.
Tamén quero casar pero non teño roupa.
Por iso ás veces penso no xabrón do lagarto,
nas eventualidades, miña nai:
enxugar outra vez a saia coa que andaba perdida por aí
(igual que a carolina íspome polos pés).
Primeiro eu almorzaba malas herbas ata un fondo chamado última gota
e logo
así fregaba a louza, así, así,
mesturando na lingua memoria con desexo.
Imito a voz de isolda,
lamento o meu destino moito máis torpemente que luísa
insisto (sempre insisto) en preguntar,
coas miñas mans tan brancas
sumidas nos cacharros máis profundos.
Podía demorarme en refregar a carne contra tódolos concos
para apañar os restos dun pouso tan acedo como inútil.
Pedín xogar a bico, verdade ou consecuencia
pero non me deixaron.
Así pasaba o ferro, así, así
coa traizón dos outros incendiándome o pulso,
e emprendía reformas nese cuarto que por desgracia todos levamos dentro
ou tapaba as goteiras dun faiado
que ardera sendo eu inmediatamente anterior na orde do tránsito.
O braseiro e a decadencia son case a mesma cousa.
Sorprendeume entre os dedos o espertar do remol
Porque me souben lúcida pero sentimental despois de todo.
Así berrei por fin, así, así,
solicitando asilo, pedra pómez, calquera circunstancia respirábel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s