“Testemuña” – Xela Arias

xela_ariasEu, nin andaría os pasos dun poema…

Ti, regresas ó espectáculo dos días,
espántante, son diabólicas
as agardas, as paces maníacas;
olladas solícitas, erratas.

Entretéñome nos bares: xa me coñecen
os tolleitos.

Así sucede un pouco antes
de botarmos a correr ás mortes,
diarias.

Xela Arias, poetisa galega nada en Lugo pero que viviu a maior parte da súa vida en Vigo. Morreu moi nova, con tan só 41 anos. O pasado martes, 1 de novembro, cumpríronse 13 anos do seu pasamento.

O poema “Testemuña” forma parte do seu libro titulado “Tigres coma cabalos”.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s