O soñador

Quixera ser muiñeiro

pra me enfoular de fariña.

¡Levaría branca a pucha,

non cobraría a maquía!

Eu quixera ser ferreiro

e o ferro ardente forxar.

¡Con un martelo na man

petaría sen parar!

Quixera ser maruñeiro,

mariñeiro e pescador:

¡tería un barco veleiro

e unha dorna con motor!

Quixera ser fogueteiro

e, nas festas patronais,

¡tirar foguetes, foguetes

de estalos fenomemais…!

E se eu fose canteiro

faría un pazo sen igual:

¡o pombal había de ser

o salón maís principal!

¡Máis son un pobre gaiteiro,

máis son un gaiteiro pobre!

¡Quéimame o sol no agosto,

móllame a choiva, se chove!

Un pobre gaiteiro eu son,

pequeniño e soñador.

¡Teño por mestre de música

ó merlo máis cantador!

Manuel María homenajeado en 2016

Día das Letras Galegas, 17 de Mayo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s