“O meu País”. Poema de Xoán Manuel Casado, cantado por Miro Casabella.

Poema de Xoán Manuel Casado Carmona, cantado por Miro Casabella.

 

O meu País

O meu país, é verde e neboento
é saudoso e antergo, é unha xente e un chan
o meu pais, labrego e mariñeiro
é un recuncho sin tempo, que durme nugallánxose-manuel-casado

Que quece na lareira, aló na carballeira
bota a rir
é unha folla no vento, alento e desalento
o meu país

O meu país, tecendo a sua historia
muiñeira e corredoira, acocha a sua verdá
o meu país saúda o mar aberto
escoita o barlovento, e ponse a camiñar

Cara a metas sin nome van ringleiras de homes
e sin fin
tristes eidos de algures, vieiros pra ningures
o meu país

O meu pais nas noites de invernía
dibuxa a sua agonía, nun vello e nun rapaz
o meu país de lenda e maruxías
agarda novos dias, marchando de vagar

Polas corgas e herdanzas
nasce e morre unha espranza, no porvir
é unha folla no vento, alento e desalento
o meu país.

 

 

Advertisements

2 comments on ““O meu País”. Poema de Xoán Manuel Casado, cantado por Miro Casabella.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s