“O Arco da Vella”. Gerardo Álvarez Limeses

Gerardo Alvarez Limeses
Gerardo Álvarez Limeses. Nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871. Finou o 9 de febreiro de 1940. Licenciado en dereito a maxisterio. Exerceo como mestre e inspector do ensino, escritor, poeta, e tamén foi membro da Real Academia Galega.

O Arco da Vella.

Dende o piñeiredo de Vilanoviña

o arco da vella ergueuse a beber,

tanta sede tiña

que fixo surrindo un vó de anduriña

e foi dun esguello nun río a caer.

Ó sentir da auga a caricia leda

espallouse en néboa pola tarde mol

i enchéndose dela colgou na robleda

seu pano de cores tinguido de sol.

O pasmo das xentes deulle preitesía:

xa o frescor da auga non lle apetecía

e como as gabanzas lle sentaban mal

voltou pouco a pouco, con gran señoría,

rubindo do río cara o piñeiral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s