Seis canciones del mar in modo antico. Xosé Filgueira Valverde.

Este ano 2015 o Día das Letras galegas está dedicado ao polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, quen, ademais de ter unha extensa obra tanto científica como literaria, escribiu un libro de poesía neotrobadorista “ Seis canciones del mar in modo antico”        (1941), do que escollín esta poesía.

XOSE-FILGUEIRA-VALVERDE

SEIS CANCIONES DEL MAR IN MODO ANTICO
1
Porque non seca a morte a fonte das cantigas
eu vos chamo, segreles, que veñades cantar
onde os verdes loureiros gardan vellas ermidas,
cabo das sabias ondas sulcadas do luar,
das insuas da ribeira nun antigo lugar,
¡San Cremenço do mar!
Porque non tolla o frío o albre dos cantares
eu vos digo, rapazas, que vaiades bailar
onde os gayos loureiros quecen fríos fogares,
cabo das tolas ondas, cando o sol vai raiar,
das insuas da ribeira no máis ledo lugar,
¡San Cremenço do mar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s