No Día das Letras Galegas.

O 17 maio celebramos o Día da Letras Galegas

A data foi elixida por Academia Galega en 1963, para conmemorar a edición de

Cantares Gallegos de Rosalía de Castro o 17 de Maio de 1863.

Dinos Xavier Rodríguez Baixeras, na súa Edición de Cantares Gallegos:

Cantares Gallegos estructúrase a partir dun poema inicial e outro final que conteñen a invitación que se lle fai a unha rapaza para que cante (cantar 1), e a declaración de tal rapaza de ter cumprida a demanda (cantar 35)…”

O protagonista dos Cantares Gallegos é o pobo de Galicia…”

Isto é: na rapaza -é, por tanto, nos seus cantares- transubstánciase a alma popular”

O cantar 8 esta adicada a figura dun gaiteiro consciente da súa capacidade de sedución. Amancio Prada o canta diste xeito:

 

 

 

Un repoludo gaiteiro
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
entre os mozos o pirmeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío,
sempre con poxante brío
co tambor se acompasaba:
e si na gaita sopraba,
era tan dose soprar,
que ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Todas por el reloucaban,
todas por el se morrían
si o tiñan cerca, sorrían,
si o tiñan lonxe, choraban:
¡Mal pecado! Non coidaban
que c´aquel seu frolear
tiña costume en cantar
aló por a mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Camiño da romería,
debaixo dunha figueira,
canta meniña solteira
¡quérote! lle repetía…
I el ca gaita respondía
por a todas emboucar,
pois ben fixera en cantar
aló pola mañanciña:
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
Elas louquiñas bailaban
e por xunto del corrían,
cegas…cegas que non vían
as espiñas que as cercaban;
pobres palomas, buscaban
a luz que as iba a queimar
pois que el soupera cantar
aló pola mañanciña:
Ö son da miña gaitiña
ás nenas hei de engañar
¡Nas festas, cánto contento!
¡Cánta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas,
déranlle o seu pensamento;
i el que de amores sedento
quixo a todas engañar,
cando as veu dimpois chorar
camtaba nas mañanciñas:
-Non sean elas toliñas:
non veñan ao meu tocar

Advertisements

3 comments on “No Día das Letras Galegas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s