O cartafol do vento. Manuel Antonio

Manuel AntonioManuel Antonio nace en Rianxo en 1900 e morre alí mesmo antes de cumprir os 30 anos.

O cartafol do vento” é un poema pertencente ao libro “De catro a catro”, onde Manuel Antonio rompe de un xeito programado e consciente ca poesía de Pondal, Curros e Rosalía incorporándose a poesía vangardista. “De Catro a Catro” é un dos mais importantes libros da lírica galega, o mesmo que alcanza importancia relevante dentro da poesía vangardista, por iso paréceme importante traelo aquí.

 O cartafol do vento

  O vento perdeu as follas
do seu cartafol
   -Esas que os chuvascosManuel Nieto
mecanógrafos
tecolean no manual dos mastros?

As gavotas non teñen quitasol
pero fan raudos equilibrios
polo aramio transparente
de tódalas ortodrómicas do ceo

O pailebote sin velas
-Serán esas que o vento
levou no seu cartafol?
tamén fai equilibrios no ronsel

Ca boca aberta
-caille a baba-
está mirándonos o babión do Sol.

Advertisements

One comment on “O cartafol do vento. Manuel Antonio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s