Estación. Luisa Villalta.

Luisa Villalta (1957-2004), poeta e violinista de A Coruña, foi unha escritora que cultivou preferentemente a poesía, pero tamén a narrativa e o teatro ademais de escribir ensaios e textos xornalísticos en lingua galega. A morte chegoulle de forma inesperada aos 46 anos.

Escollín esta poesía “Estación” do seu libro En concreto con temática da cidade da Coruña e publicado postumamente.

A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens.
só chegan ou parten.
Por iso tamén somos nósLuisa Villalta
a nosa última estación
o noso amor definitivo.

Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extrañas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.

Onde nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.

Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido en nós.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s