Martirio – “Negra sombra” (poema de Rosalía de Castro)

Esta publicación ven a conto despois de ler En-RED-Versados “Rosalía de Castro&Joan Baez”:

O 22 de marzo actuou na Coruña, Martirio, acompañada á guitarra por o seu fillo Raul, en homenaxe a Chavela Vargas. Cantou Negra Sombra, co seu acento e con dificultade para pronunciar “imaxino”. Creo que vale a pena escoitar a versión deste poema tan coñocido de Rosalía.

Martirio

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s