Curros Enriquez e A Coruña

O 31 de marzo de 1908 chegaban á cidade da Coruña os restos do poeta Curros Enriquez que finara en La Habana (Cuba) no anterior mes de febreiro.
Curros Enriquez sempre estivo moi vencellado á cidade coruñesa á que adicou moitos dos seus poemas. Dende 1934, nos Xardíns de Méndez Núñez, un monumento dedicado a Curros e realizado polo escultor Asorey lembra a profunda relación entre o poeta e a cidade.

 entierro-curros-buenaAo pobo cruñés

Miñas donas, meus señores,
que polos papés chamados
(sempre extremosos comigo)
vindes honrarme a este acto;
¡que non saia deste sitio,
se sei como agradecervos
tan lisonxeiro agasallo!
¿Que fixen eu, ¡voto a min!
pra merecer estes laudos,
pra que me tratés millor
que si fora o deputado?
¿Trouguen as ágoas á Cruña?
¿Levei da Cruña a Santiago
o ferrocarril directo,
fai medio siglo agardado?
¿Tireivos algún trabuco
dos que vos están matando?
¿Fíxenvos algún camiño,
anque mesmo for de carro,
i anque mesmo fose a dar
ás miñas casas de campo?…
¿Botei abaixo os Consumos?
¿Fundei tal ves algún Banco
agrícola, onde se axude
ós que viven do traballo?
Nada deso. Pois, entonces,
¿que razón hai, nin que diaños
pra que me enchades o fol
de ousequios e de regalos?

Advertisements

One comment on “Curros Enriquez e A Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s