s.t.

Teño un poema atascado,

un poema que non quere ser poema,

un poema que non atura

verse feito “palabras bonitas”

pero o poema que teño dentro

golpéame as tripas;

non cala…

e non me deixa falar.

Crese demasiado importante

coma para ser escrito por min.

Faime dano.

Como el non quere saír,

eu quero matalo.

Tento calalo

tapando tódolos buratos do meu corpo,

que non poida respirar,

e mirando ben para fora…

¿Mateino?

Rita Rodríguez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s