Dous poemas de Manuel Cuña Novás

Manuel Cuña é un poeta pontevedrés nacido en 1924. Publicou en 1951 o libro “Fabulario Novo”, onde atópanse estes poemas no apartado de sorrisos. Gústanme os dous, por iso os quero compartir.

Manuel Cuña Novás

Mapoulada mapoulada do rio
que mapoula é.

Quen alcende as escumas do frío
muiñeira é.

Quen marmura na lingoa do río
lavandeira é.

Quen pendura o seu sono de un fio
tecedeira é.

Mapoulada mapoulada do río
miña noiva é.

Mariñeiro, mariñeiro
déixame pasar a ría
que perdín o meu vestido.

Rosa e xazmín,
non levarei agora
o que eu perdín.

Mariñeiro que tés amores
déixame ir na falúa
que estou vestida de frores.

Rosa e xazmín,
non levarei agora
o que eu perdín.

Mariñeiro que amores tés
déixame ir na falúa
que estou por amores núa.

Rosa e xazmín,
non levarei agora
o que eu perdín.

Advertisements

One comment on “Dous poemas de Manuel Cuña Novás

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s