“Eu”. Antón Tovar

Antón Tovar

Antón Tovar

Antón Tovar, escritor ourensán é un dos poetas máis relevantes da poesía comprometida da posguerra, empezou publicando en castelán pero foi virando cara o galego onde acadou a súa dimensión poética máis plena. A súa obra ten un marcado sentido tráxico da existencia e tamén da rebeldía ante as miserias do mundo.

“Eu”

Digo sí, digo non,
ningunha cousa é certa.
Son un longo camiño
que en mín erguéu a terra.
Viñen de non sei dónde,
voume pra onde me levan.
Digo sí, digo non,
palabras mentireiras.
Eu qué sei quén son eu,
eu, unha volvoreta
que se afirma no sol
que se empula na erba,
un chafarís de sangue
que rube, alanca e leva
a ilusión de quedarse
no mundo a ser eterna,
eu que son unha folla
no vento que nos leva.
Digo palabras, nomes
que son como moxenas,
quero alcender un lume
para acrarar as tebras.
Digo sí, digo non.
E de canto dixera
a palabra máis vouga
máis escura e tristeira
é a palabra “eu”
que no sangue navega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s