A negra terra. Manuel Rivas

Manolo Rivas

Manuel Rivas

Manolo Rivas é un poeta coruñés. Ë un home cunha obra extensa tanto en poesía como en prosa, defensor da cultura galega e de outras moitas causas que afectan a nosa terra. Ben se merece estar no noso blog.

De falar, falarei coa terra.

A terra verdadeira,
a negra terra
onde prende a raíz.

A terra que se pisa.

A terra que se queima e que se crava.
Ese enorme lenzo onde o home debuxa o seu capricho.
Onde o home se perde e se revolve en sombras.
A negra terra,
ese corpo de puta vella con dentes amarelos de tabaco,
con olleiras negras de tan azuis.
De falar, só con ela falarei
e falarei coas mans,
docemente coas unllas,
coa paixón dun amante,
como falan, cando albiscan a morte, os xabaríns feridos.

De falar, falarei coa terra.
Coa terra, con esa negra terra
que cospe, como sangue do peito, primaveras.

Advertisements

One comment on “A negra terra. Manuel Rivas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s