“Matriarcas”. Guadi Galego

Acabo de vir do concerto de presentación do disco de Guadi GalegoLuas de outubro e agosto” . Marabilloso o concerto, e del comparto con vos un tema que me gustou moito e cadra ben coa data do dia das mulleres.

“Matriarcas” é un canto de amor á muller e á libertad e homenaxe a mulleres reais que loitan con resistencia e valentía no día a día.

Comezan as historias con homes encumados,
rematan sempre todas con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto, insectos que os picaron
de turbias lendas vellas que non queren nin lembrar.

E nós pouquiño a pouco ímonos situando,
construíndo barricadas no país dos alalás.
Nós en corpo e alma, nós mercando calma,
nós cousa por cousa sen podernos despistar.

Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán.

Comezan as historias con home encumados,
rematan sempre todas con mulleres que os salvaron
da morte do intelecto, insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas que non queren nin lembrar.

Nós aleitadoras, nós conquistadoras,
brillantes activistas da vida cotiá.
E nós que resistimos a séculos de forza,
e nós as matriarcas do país dun tal Breogán

Advertisements

One comment on ““Matriarcas”. Guadi Galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s