No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. Uxio Novoneyra. Eidos

Gústanme os poemas de Uxío Novoneyra cantando Ó Courel, a terra onde naceu.

Elixín tres versos, dous moi cortiños: “No bicarelo do bico do brelo” e “Canta o cuco cala e canta” que Uxía tivo a ben cantar xuntos, e “Cousos do lobo” que recita o propio Uxío. Os tres son do libro Eidos

No bicarelo do bico do brelo

canta o paxariño.8e52b9 Uxio novoneyra

No mesmiño

bicarelo do bico do brelo.

Canta o cuco cala e canta

dos castiñeiros do val.

Pasa o tempo e non di nada

e volta o cuco a cantar.

Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde niguén foi nin ha d’ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis medosa…
Rastrexa
párase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s