A Señora Lúa. Xulio Sigüenza. “De Verbas ao ar”

Atopei por casualidade este poema de Xulio Sigüenza, nun libro editado por A Nosa Terra titulado “Poetas entre a tradición e a modernidade”. Gustáronme tanto os seus poemas que empecei a investigar en Internet para ver quen era Xulio Sigüenza. Así foi como souben, entre outras cousas, que naceu na Coruña no 1898 na parroquia de Santa Lucia, e é considerado por Risco como: “Unha das intelixencias mais despertas e un dos mais rexos loitadores do galeguismo ultramariño”

Lúa

A Señora Lúa

Andan de ruada
tódolos loceiros,
i as estrelas levan
dengues amarelos.
Maila lúa, vella
teceira de enredos,
vai facendo cornos
por sobre os penedos.

Mañán pola noite
na roda dos eidos,
a Señora Lúa
desfará segredos.

I os loceiros todos
– vellinas e vellos-
finarán a noite
dicindo:!Que tempos!…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s