“Os Pinos” Eduardo Pondal

“Os pinos”  e unha parte , as catro primeiras , das dez estrofas que forman o poema “Queixumes dos pinos”

Estas catro primeiras estrofas dan letra ó Hino Galego musicado por Pascual Veiga.

               

                                 pondal e p,veiga

                            partitura_ampliada hino galego                                                                    

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar…?
Que din as altas copas
D’escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar…?

Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.

Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.

Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q’as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.

Iste é o texto orixinal.

O texto oficial aprobado na lei 5/1984, de 29 de mayo de Símbolos de Galicia , non coincide exactamente coa orixinal.

Advertisements

One comment on ““Os Pinos” Eduardo Pondal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s