Irmáus. Celso Emilio Ferreiro. “Longa noite de pedra”

Elexín esta poesía de Celso Emilio Ferreiro por ser un fermoso canto á fraternidade universal. Cantada por “Fuxan os Ventos” acompañoume ao longo de moitas viaxes.

Celso Emilio Ferreiro

Irmáus

Camiñan ao meu rente moitos homes.

Non os coñezo. Sonme estranos.

Pero a ti que te alcontras alá lonxe,

máis alá dos desertos e dos lagos,

máis alá das sabanas e das illas,

coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,

si choran os meus ollos o teu pranto,

si os nosos soños son iguales,

coma un irmáu che falo.

Anque as nosas palabras sean distintas

e ti negro i eu branco,

en tendo semellantes as feridas,

coma un irmáu che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,

por enriba de muros e valados,

si os nosos berros son igoales,

coma un irmáu che falo.

Común témola patria,

común a loita, ambos,

a miña mau che dou,

coma un irmáu che falo.

Se sintes en pobreza,

se sofres inxusticia,

se cheo de rabexa,

encirras á cobiza

do teu peito o can

pra tí, chea de forza,

vai miña mau, irmán.

Advertisements

One comment on “Irmáus. Celso Emilio Ferreiro. “Longa noite de pedra”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s