Reunión Informativa Taller Europeo

O vindeiro curso 2014-2015, a Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, participará en varios proxectos e actividades de dimensión europea.

Baixo coordinación alemana, a Universidade Sénior será socio do proxecto europeo ProHospiz, una Asociación Estratéxica KA2 dentro do Programa Erasmus+, destinada á realización dunha guía práctica e multicultural para a creación e posta en marcha de servizos destinados ás persoas maiores. Este proxecto conta tamén con socios en Portugal, Romanía, Polonia e Alemania.

Ademais, dentro da iniciativa Leonardo da Vinci do Programa de Aprendizaxe Permanente, a Universidade Sénior da Coruña continuará participando como entidade colaboradora do proxecto europeo ACTing, adicado a mellorar a formación dos axentes sociais na promoción do envellecemento activo a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). No marco deste proxecto, no vindeiro curso a Universidade Sénior porá en marcha varias iniciativas tecnolóxicas singulares no eido da formación en TIC, que serán presentadas ao concurso internacional de iniciativas que promove este proxecto europeo, no que tamén participan axentes sociais de Italia, Romanía e Suiza.

Por outra banda, continuarán os intercambios académicos iniciados en 2008 coa institución flamenca de formación de adultos Het Perspectief de Gante (Bélxica). No vindeiro curso, a este programa de intercambios se sumarán tamén os nosos socios da Comune di Scandiano (Emilia Romagna – Italia).

O vindeiro 17 de outubro, ás 12 horas, terá lugar unha reunión informativa á que están convidados todos os alumnos e alumnas da Universidade Sénior para presentar as actividades do Taller Europeo 2014-2015. A reunión será na Aula 1 da Universidade Sénior da Coruña (Paseo de Ronda, 47, 1º).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s